Quen somos?

Somos Cynthia e Iván, labregos por convicción. No Aparral, na parroquia das Pontes, cultivamos hortalizas e criamos os nosos animais seguindo criterios respectuosos co medio, co seu benestar e coa nosa maneira de entender a vida no rural.

Temos ovella galega e galiña de Mos, dúas razas autóctonas en perigo de extinción que nos axudan a pechar o ciclo produtivo xa que utilizamos o seu esterco para a producción das nosas hortalizas.

Co que a horta nos dá de máis elaboramos as nosas propias conservas, e o mellor de todo é que cada produto chega directamente das nosas mans ás túas mediante venda directa.

Sementando ilusión cos pés na terra.

Cultivamos con respecto, producimos con conciencia

Tanto as nosas hortalizas como a cría de animais están certificadas en ecolóxico polo Consello Regulador da Agrícultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Traballamos cun sistema de produción que aposta pola calidade, aproveitando os recursos naturais e evitando o uso de produtos químicos de síntese. Así coidamos do medio ambiente, preservamos a fertilidade da terra, protexemos a biodiversidade e reducimos ao mínimo a nosa pegada de carbono, garantindo un alimento san e respectuoso en toda a cadea.

Logo CRAEGA
Logo europeo
Product added to compare.

iqitcookielaw - module, put here your own cookie law text